Friday 10 de May de 2024

O BNG promove a participación cidadá na elaboración dos orzamentos municipais


As ordenanzas prevén a participación cidadá no documento económico

O grupo nacionalista escoita e axuda a toda a veciñanza que o precisa

O grupo municipal do BNG está mantendo xuntanzas con diversos colectivos veciñais de Culleredo para escoitar as súas necesidades e animarlles a participàr na elaboración dos orzamentos municipais.

As ordenanzas municipais vixentes prevé ata un 25% do apartado de inversións decidido pola veciñanza, a través do Consello de Participación Veciñal, e que se está previsto que se constitúa arredor destas datas, como se fixo en exercicios anteriores.

O BNG elaborou un documento —dispoñible na nosa web e en varios formatos— para axudarlles a elaborar as súas propostas e facelas chegar ao goberno local, que é o encargado de incluilas ou non no documento de Orzamento Municipal para o ano 2024.

O grupo nacionalista anima a toda a veciñanza a participar no proceso municipal, así como a compartir con nós esas propostas para coñecelas de cara ao pleno correspondente e facelas valer con coñecemento de causa.